sábado, 8 de enero de 2011

martes, 21 de diciembre de 2010

Pastoriza - Val do Ulla.

Partido emocionante que acabou con un empate 3-3.
A posesión foi na sua maioria para o Val do Ulla que se adiantou no marcador 0-1 (gol de ivanca tras un saque de esquina) na primeira metade,asi se chegaria o descanso.
Na segunda metade as rapazas non fixeron os seus mellores momentos,o que aprobeitou o Pastoriza para marcar o 1-1 e posteriormente o 2-1,as rapazas reaccionaron e estrelaron no pau un par de lanzamentos.Xa na recta final do encontro o pastoriza imponse 3-1,e ahí cando as nosas rapazas comezan a remontada.Sería Cutrín quen con un magnifico lanzamento de falta marcaria o 3-2,e con menos de dous minutos para o  descanso Vanesa marca o 3-3,con un golazo de cabeza!Asi conseguimos un valioso punto que nos fai rematar o ano mantendnos como segundas da clasificación!

Felices festas a todos!



martes, 14 de diciembre de 2010

Partido importante..

Domingo 19 as 12:00 partido aplazado SCD PASTORIZA - VAL DO ULLA




A ganar rapazas, vos podedes!

1,2,3 VAL DO ULLA!

domingo, 12 de diciembre de 2010

Tordoia - Val Ulla (0-5)

Gran partido das rapazas, facilitado tamen pola actuación caótica do equipo local.
O partido comeza coa posesión total do balón por parte do Val do Ulla que se extendería a todo o encontro,pronto chegan as oportunidades,nun saque de falta ó borde da area Cutrín saca maxistralmente marcando gol que foi nulado porque según o colexiado catro xogadoras estaban en fora de xogo.O marcodor abreo Silvinha ó pouco do comezo do partido,tras este gol Ana estrela un gran tiro contra o traveseiro e posteriormente Silvinha marca o seu segundo gol.

Chegase asi ó descanso.
Tras o descanso a posesión segue nas botas das nosas xogadoras,sucédense as oportunidades e é outra vez Silvinha quen marca,posteriormente Selene manda un tiro o travesaño e finalmente Marta marca un golazo desde a frontal da área.Xa rematando o partido Katy marca o último gol do partido tras un error da porteira local a que se lle escapou a pelota.

Noraboa as rapazas e a seguir dandoo todo que vos podedes.
1,2,3 VAL DO ULLA!!